A COCA A lenda ten orixe en Redondela, unha vila mariñeira situada nas Rías Baixas. Dise que alí vivía unha moza moi fea coa que ninguén quería casar ata que por fin, un día, un home comprometerse con ela. Cando chegou a día da voda aquel home non se presentou. A moza foi a burla de todo o pobo, polo que marchou correndo e comezou a chorar. De tanto chorar creou o río Alvedosa e transformouse nun dragón . Isto din algunhas linguas, outras que a moza era moi fermosa e tiña por norma rexeitar a tódolos pretendentes por non estar á altura. Un día chegou un aposto estranxeiro que lle pediu a man. Ela orgullosa aceptou, pero no día do convite o mozo non apareceu. Avergonzada e ante as burlas de todos os que foran rexeitados, escapou e chorou e chorou... e chorou tanto que se lle secou o corazón, a pel e foise convertendo nun dragón . Hai máis versións, o que teñen claro os veciños de Redondela e que por alí rondaba un dragón e que este levaba tódolos anos a unha rapaza do pobo ....
Comentarios
Publicar un comentario