5. A COCA

 A COCA

A lenda ten orixe en Redondela, unha vila mariñeira situada nas Rías Baixas. Dise que alí vivía unha moza moi fea coa que ninguén quería casar ata que por fin, un día, un home comprometerse con ela. Cando chegou a día da voda aquel home non se presentou. A moza foi a burla de todo o pobo, polo que marchou correndo e comezou a chorar. De tanto chorar creou o río Alvedosa e transformouse nun dragón.

Isto din algunhas linguas, outras que a moza era moi fermosa e tiña por norma rexeitar a tódolos pretendentes por non estar á altura. Un día chegou un aposto estranxeiro que lle pediu a man. Ela orgullosa aceptou, pero no día do convite o mozo non apareceu. Avergonzada e ante as burlas de todos os que foran rexeitados, escapou e chorou e chorou... e chorou tanto que se lle secou o corazón, a pel e foise convertendo nun dragón.



Hai máis versións, o que teñen claro os veciños de Redondela e que por alí rondaba un dragón e que este levaba tódolos anos a unha rapaza do pobo

As xentes de Redondela, amedrentadas e resignadas xa tiñan por costume dar unha rapaza como ofrenda á Coca, ata que os rapaces da vila non aguantaron máis; aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos agardaron escondidos ó dragón, e cando este apareceu botáronse contra del cravándolle espadas e acabando coa súa vida.

Celebrouse unha gran festa e desde ese día en Redondela celébrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas segue sendo a gran celebración.


Este proxecto é un holograma en 3 dimensións. Representa ó dragón mariño desprazándose sinuosamente ata que ataca ó espectador. Está feito mediante a proxección dun vídeo repetido en catro cuadrantes sobre unha pirámide truncada e invertida elaborada en metacrilato. Isto permite que as 4 imaxes do vídeo se reflictan nas paredes transparentes da pirámide e creen no seu interior a ilusión do 3D.


Comentarios

Entradas populares de este blog

1. VIRXE DOS RUMORES

2. O CORPIÑO