7. A COROA DE FERRO

A COROA DE FERRO

Dise que entre o pazo de Monforte de Lemos e a igrexa de San Vicente do Pino había un pasadizo subterráneo.
Durante unha ausencia do Conde de Lemos, o abade do mosteiro beneditino de San Vicente empregou o pasadizo para chegar ata a filla do Conde, coa que mantería un romance. Cando o Conde acaba descubrindo a verdade, convida ó crego a unha cea. No momento da sobremesa, serven unha coroa de ferro ardendo coa que coroan ó abade, provocándolle a morte.

O proxecto representa o rostro do crego no momento da coroación. A escultura está feita con barro, papel e alambre e posteriormente foi policromada.

Xunto con Inés de Castro conforman o noso altar dos reis mortos, unha instalación baseada na escultura, a decoración e a iluminación.



Comentarios

Entradas populares de este blog

1. VIRXE DOS RUMORES

2. O CORPIÑO