2. O CORPIÑO

 O CORPIÑO

O santuario da Nosa Señora de O Corpiño, máis coñecido simplemente como O Corpiño, está localizado nunha aldea que leva o mesmo nome e que pertence a unha das parroquias do concello de Lalín, capital do Deza.

As orixes da súa devoción remóntanse a alta idade media e a día de hoxe séguese celebrando unha das maiores romarías de todo Galicia.
Pese a isto, é coñecido pola súa asociación cos exorcismos e a crenza popular en fenómenos paranormais. Alí realizáronse durante anos exorcismos e a xente acude na procura de axuda espiritual en casos de posesións ou influencia maligna.

É importante ter en conta que estes feitos están asociados a unhas fortes crenzas espirituais e relixiosas, cunha forte influencia da transmisión oral nunha época na que a información e o coñecemento non era tan doado de conseguir como hoxe en día.


Este proxecto está baseado na emisión en bucle dun vídeo de case 2 minutos de duración, ambientado pola canción “Animal”, de Xisco Feijoó. A instalación consta dun panel no que están colgadas un total de 9 pantallas que conseguen un efecto de repetición e un maior dramatismo. O conxunto termina cunha especie de altar con dúas ofrendas: un corazón e un cerebro, elaboradas en barro pintado, imitando as ofrendas de cera típicas das romarías galegas.

A repetición do vídeo en numerosas pantallas escenifica a importancia que ten no misticismo e no lendario galego a repetición oral, tan importante nunha época na que a maioría da poboación era analfabeta. O corazón e o cerebro tratan de simbolizar o sentimento e a razón, a dualidade entre atopar unha explicación razoable a todo aquelo que non entendemos, ou simplemente crer...

Comentarios

Entradas populares de este blog

1. VIRXE DOS RUMORES