10. O CAN DO URCO

O CAN DO URCO

Trátase dunha figura mitolóxica do noroeste da península, especialmente en Galicia onde o coñecemos como Can de Urco, Can do Mar ou simplemente Urco; inda que en Asturias tamén se lle coñece como Huerco.


Adopta a forma dun enorme can de cor negro (aínda que en contadas ocasións tamén se presenta branco), con dous grandes cornos e largas orellas. Segundo a mitoloxía, sae polas noites do mar arrastrando unhas cadeas e ouveando furiosamente.

A súa presenza considérase de mal agoiro, moitas veces é o anuncio dunha morte próxima.

Esta instalación é un mural feito sobre cartón que sirve á súa vez para tapar unha porta. Ten elementos volumétricos como unhas cadeas físicas que colgan das patas do animal, ou os cornos, feitos con alambre e papel. Dito mural está policromado con pinturas fosforescentes que reaccionan ante a luz negra, que tratan de simbolizar esas cores máxicas que se dan no mar polas noites: por efectos de certas algas e microorganismos, ou pola luz das estrelas, ou polo propio encanto dos brillos do mar. Para poder resaltar isto, instalouse un foco de luz negra diante.



Comentarios

Entradas populares de este blog

5. A COCA

2. O CORPIÑO

1. VIRXE DOS RUMORES