9. A SANTA COMPAÑA

 A SANTA COMPAÑA

Tamén coñecida como Estadea, Compaña, Procesión das Ánimas... é unha lenda transmitida de xeración en xeración que forma parte da cultura galega e, en xeral, do noroeste da Península.


A Santa Compaña é unha procesión de ánimas en pena que deambulan polos pobos e montes durante a noite. A procesión e guiada por unha persoa viva que carga unha cruz. Existen moitas versións desta lenda medieval, a máis coñecida conta que a persoa que encabeza a procesión está maldita e so ten unha maneira de librarse: morrendo ou pasándolle a cruz a outra persoa.

Esta procesión de almas preséntase nunha densa néboa, envoltas en sudarios e cun intenso aroma a cera, xa que cada morto leva unha vela. Se unha persoa se cruza no seu camiño, é obrigada a cargar con esa cruz e guiar a procesión. Para librarse é preciso debuxar un círculo no chan e meterse dentro ou deitarse boca abaixo. 

O proxecto trata de representar a procesión das almas en movemento, a transición entre o vivo que encabeza a procesión e os mortos que o seguenAs 9 pantallas que o compoñen están feitas en metacrilato raiado. Isto, xunto cunha iluminación programada e secuencial de luces led que iluminan as imaxes conseguen facer unha instalación que recrea a transición, o movemento e a atmosfera da Santa Compaña.




Comentarios

Entradas populares de este blog

1. VIRXE DOS RUMORES

2. O CORPIÑO