1. VIRXE DOS RUMORES

 A VIRXE DOS RUMORES

Esta primeira obra está pensada como a patroa da exposición. Vela polo visitante durante a súa visita e proporciona información mediante o código QR para que o público poida seguir toda esta experiencia inmersiva de arte plástica, audiovisual e conceptual.

Trátase dunha escultura feita por acumulación, unha práctica moi empregada na arte das instalacións artísticas. Para realizala empregáronse desperdicios de pezas informáticas e electrónicas, un mundo que xera millóns de toneladas de lixo ó ano. A maiores, re-acondicionouse un PC xunto cunha pantalla para crear de forma audiovisual a cabeza da virxe.

Os elementos dixitais e electrónicos empregados tratan de simbolizar o mundo tecnolóxico na rede, onde temos toda a información se sabemos procurala...


Comentarios

Entradas populares de este blog

2. O CORPIÑO