8. INÉS DE CASTRO

 INÉS DE CASTRO

Unha moza galega de familia nobre cuxa relación prohibida co herdeiro ao trono de Portugal ocasionou unha serie de conflitos políticos que acabaron en asasinato.

O infante Pedro, namorouse de Inés de Castro a pesar de estar casado. Anos despois da morte da súa muller, decide non ocultar a súa relación con Inés e instálanse no mosteiro de Santa Clara-a-Velha en Coímbra, onde van ter catro fillos.

A corte portuguesa non toleraba esta relación pola vinculación de Inés cos nobres de Castela. Os fillos de Inés e Pedro poderían reclamar o trono entrando en conflito con Fernando I, e Portugal podería ser anexionada por Castela. Por iso, deciden asasinar a Inés de Castro. Pedro decide vingarse e entra en conflito co seu pai, devastando o territorio entre o Douro e o Miño. Aínda así, non queda satisfeito, non ía descansar ata coroar a Inés. Cando o seu pai morre e Pedro é coroado rei, manda sacar a Inés da tumba e sentala no trono, vestila como raíña e obriga a toda a corte bicarlle as mans.

O proxecto representa a Inés morta sentada no trono. A escultura está realizada con barro, alambre e papel. O rostro está pintado e o corpo adornado con telas que representan o traxe da raíña. Do mesmo xeito, está a escultura da man, co fin de recibilos bicos dos cortesáns. 

Xunto coa Coroa de Ferro conforman o noso altar dos reis mortos, unha instalación baseada na escultura, a decoración e a iluminación.



Comentarios

Entradas populares de este blog

1. VIRXE DOS RUMORES

2. O CORPIÑO