6. A MARUXAINA

A MARUXAINA 

En San Cibrao, celébrase dende 1985 a Festa da Maruxaina, na que se representa ou captura, o desembarco e o xuízo desta serea mitolóxica.

A lenda ten distintas versións, uns din que a Maruxaina era unha serea que atraía aos mariñeiros polo seu canto co son dun murmuro. Levábaos a un naufraxio contra os cantís dos Farallóns.


Unha noite sen lúa embarcaron decididos a buscala e para contrarrestar o son da serea, facían soar unhas cornas. En terra apagaron as luces e naquela escuridade os mariñeiros conseguiron prender a Maruxaina e conducila á vila onde foi xulgada e condenada.

Outros opinan que A Maruxaina é unha serea, nereida ou afogada que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio.

En San Cibrao, asústase aos nenos con este ser, dicíndolles que se non se portan ben, a Maruxaina lévaos a Farallóns.

Este proxecto de instalación téxtil está realizado en rede de pesca, tratando de vincular a obra dende o propio material ó mundo do mar.

Formado por diferentes capas de redes colgadas para crear unha atmosfera máis profunda. Na capa máis externa realizouse un medio releve atando e unindo as propias redes de pesca, facendo a silueta da Maruxaina. Remátase con policromía de cores luminescentes e a iluminación da obra con luz negra, logrando eses brillo e resplandor tan propios da maxia do noso mar.




Comentarios

Entradas populares de este blog

1. VIRXE DOS RUMORES

2. O CORPIÑO