Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

RITUAIS - INSTALACIÓN ARTÍSTICA

Imagen
RITUAIS INSTALACIÓN ARTÍSTICA 1. VIRXE DOS RUMORES 2. O CORPIÑO 3. O DIAÑO 4. O ESPANTALLO 5. A COCA 6. A MARUXAINA 7. A COROA DE FERRO 8. INÉS DE CASTRO 9. A SANTA COMPAÑA 10. O CAN DO URCO 11. O LOBISHOME

1. VIRXE DOS RUMORES

 A VIRXE DOS RUMORES Esta primeira obra está pensada como a patroa da exposición. Vela polo visitante durante a súa visita e proporciona información mediante o código QR para que o público poida seguir toda esta experiencia inmersiva de arte plástica, audiovisual e conceptual. Trátase dunha escultura feita por acumulación , unha práctica moi empregada na arte das instalacións artísticas . Para realizala empregáronse desperdicios de pezas informáticas e electrónicas, un mundo que xera millóns de toneladas de lixo ó ano. A maiores, re-acondicionouse un PC xunto cunha pantalla para crear de forma audiovisual a cabeza da virxe. Os elementos dixitais e electrónicos empregados  tratan de simbolizar o mundo tecnolóxico na rede , onde temos toda a información se sabemos procurala...

2. O CORPIÑO

Imagen
 O CORPIÑO O santuario da Nosa Señora de O Corpiño , máis coñecido simplemente como O Corpiño, está localizado nunha aldea que leva o mesmo nome e que pertence a unha das parroquias do concello de Lalín , capital do Deza. As orixes da súa devoción remóntanse a alta idade media e a día de hoxe séguese celebrando unha das maiores romarías de todo Galicia . Pese a isto, é coñecido pola súa asociación cos exorcismos e a crenza popular en fenómenos paranormais . Alí realizáronse durante anos exorcismos e a xente acude na procura de axuda espiritual en casos de posesións ou influencia maligna. É importante ter en conta que estes feitos están asociados a unhas fortes crenzas espirituais e relixiosas, cunha forte influencia da transmisión oral nunha época na que a información e o coñecemento non era tan doado de conseguir como hoxe en día. Este proxecto está baseado na emisión en bucle dun vídeo de case 2 minutos de duración, ambientado pola canción “Animal”, de Xisco Feijoó. A instal

3. O DIAÑO

Imagen
 O DIAÑO Coñecido tamén como Diantre , é un trasno satírico da mitoloxía galega que dedícase a facer todo tipo de travesuras e trucos maliciosos para enganar aos viaxeiros desprevidos.  A miúdo preséntase baixo diferentes aparencias , as veces parecendo precisar axuda, só para logo xogar malas pasadas a quen cae na trampa. Esta figura encarna a idea de que as aparencias poden ser enganosas e que se debe ter coidado ao tratar con seres sobrenaturais. O proxecto está realizado cunha escultura feita de barro e policromada sobre un bastidor previo de madeira. Despois empregáronse elementos téxtiles para a súa ornamentación. Xunto co Diaño forman a Sala das Lendas, unha estancia na que a instalación levouse a cabo de forma plástica, con decoración física e pintura, ademais de deseñar a iluminación, un factor clave para a sensación do espectador.

4. O ESPANTALLO

Imagen
 O ESPANTALLO Nos campos galegos, especialmente durante a noite, aparece unha figura terrorífica coñecida como o Espantallo.  Se lle describe como un ser alto e delgado, cuberto con trapos e cunha cabeza de cabaza ou cranio. O seu propósito é asustar aos transeúntes que se aventuran polos campos escuros, levándoos a extraviarse ou a caer en trampas mortais . Crese que o Espantallo está relacionado coa protección dos cultivos , pero súa figura sinistra o converte nunha figura temida polos veciños. Este proxecto é un elemento escultórico reciclado e adaptado para a exposición. Partindo dun esqueleto foise vestindo, colocando e decorando para lograr recrear ó Espantallo e conseguir aterrorizar ó visitante. Xunto co Diaño forman a Sala das Lendas, unha estancia na que a instalación levouse a cabo de forma plástica, con decoración física e pintura, ademais de deseñar a iluminación, un factor clave para a sensación do espectador.

5. A COCA

Imagen
 A COCA A lenda ten orixe en Redondela, unha vila mariñeira situada nas Rías Baixas.   Dise que alí vivía unha moza moi fea coa que ninguén quería casar ata que por fin, un día, un home comprometerse con ela. Cando chegou a día da voda aquel home non se presentou. A moza foi a burla de todo o pobo, polo que marchou correndo e comezou a chorar. De tanto chorar creou o río Alvedosa e transformouse nun dragón . Isto din algunhas linguas, outras que a moza era moi fermosa e tiña por norma rexeitar a tódolos pretendentes por non estar á altura. Un día chegou un aposto estranxeiro que lle pediu a man. Ela orgullosa aceptou, pero no día do convite o mozo non apareceu. Avergonzada e ante as burlas de todos os que foran rexeitados, escapou e chorou e chorou... e chorou tanto que se lle secou o corazón, a pel e foise convertendo nun dragón . Hai máis versións, o que teñen claro os veciños de Redondela e que por alí rondaba un dragón e que este levaba tódolos anos a unha rapaza do pobo .  As xent

6. A MARUXAINA

Imagen
A MARUXAINA  En San Cibrao, celébrase dende 1985 a Festa da Maruxaina , na que se representa ou captura, o desembarco e o xuízo desta serea mitolóxica . A lenda ten distintas versións, uns din que a Maruxaina era unha serea que atraía aos mariñeiros polo seu canto co son dun murmuro . Levábaos a un naufraxio contra os cantís dos Farallóns. Unha noite sen lúa embarcaron decididos a buscala e para contrarrestar o son da serea, facían soar unhas cornas. En terra apagaron as luces e naquela escuridade os mariñeiros conseguiron prender a Maruxaina e conducila á vila onde foi xulgada e condenada . Outros opinan que A Maruxaina é unha serea, nereida ou afogada que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. En San Cibrao, asústase aos nenos con este ser, dicíndolles que se non se portan ben, a Maruxaina lévaos a Farallóns. Este proxecto de instalación téxtil está realizado en rede de pesca, tratando de vincular a obra dende o propio material ó mundo do mar. Formado por diferent

7. A COROA DE FERRO

Imagen
A COROA DE FERRO Dise que entre o pazo de Monforte de Lemos e a igrexa de San Vicente do Pino había un pasadizo subterráneo. Durante unha ausencia do Conde de Lemos, o abade do mosteiro beneditino de San Vicente empregou o pasadizo para chegar ata a filla do Conde, coa que mantería un romance . Cando o Conde acaba descubrindo a verdade, convida ó crego a unha cea. No momento da sobremesa, serven unha coroa de ferro ardendo coa que coroan ó abade , provocándolle a morte. O proxecto representa o rostro do crego no momento da coroación. A escultura está feita con barro, papel e alambre e posteriormente foi policromada. Xunto con Inés de Castro conforman o noso altar dos reis mortos, unha instalación baseada na escultura, a decoración e a iluminación.

8. INÉS DE CASTRO

Imagen
  INÉS DE CASTRO Unha moza galega de familia nobre cuxa relación prohibida co herdeiro ao trono de Portugal ocasionou unha serie de conflitos políticos que acabaron en asasinato. O infante Pedro, namorouse de Inés de Castro a pesar de estar casado. Anos despois da morte da súa muller, decide non ocultar a súa relación con Inés e instálanse no mosteiro de Santa Clara-a-Velha en Coímbra , onde van ter catro fillos. A corte portuguesa non toleraba esta relación pola vinculación de Inés cos nobres de Castela . Os fillos de Inés e Pedro poderían reclamar o trono entrando en conflito con Fernando I, e Portugal podería ser anexionada por Castela . Por iso, deciden asasinar a Inés de Castro. Pedro decide vingarse e entra en conflito co seu pai, devastando o territorio entre o Douro e o Miño. Aínda así, non queda satisfeito, non ía descansar ata coroar a Inés. Cando o seu pai morre e Pedro é coroado rei, manda sacar a Inés da tumba e sentala no trono, vestila como raíña e obriga a toda a corte

9. A SANTA COMPAÑA

Imagen
 A SANTA COMPAÑA Tamén coñecida como Estadea, Compaña, Procesión das Ánimas... é unha lenda transmitida de xeración en xeración que forma parte da cultura galega e, en xeral, do noroeste da Península. A Santa Compaña é unha procesión de ánimas en pena que deambulan polos pobos e montes durante a noite. A procesión e guiada por unha persoa viva que carga unha cruz. Existen moitas versións desta lenda medieval, a máis coñecida conta que a persoa que encabeza a procesión está maldita e so ten unha maneira de librarse: morrendo ou pasándolle a cruz a outra persoa. Esta procesión de almas preséntase nunha densa néboa, envoltas en sudarios e cun intenso aroma a cera, xa que cada morto leva unha vela. Se unha persoa se cruza no seu camiño, é obrigada a cargar con esa cruz e guiar a procesión. Para librarse é preciso debuxar un círculo no chan e meterse dentro ou deitarse boca abaixo.   O proxecto trata de representar a procesión das almas en movemento, a transición entre o vivo que encabeza

10. O CAN DO URCO

Imagen
O CAN DO URCO Trátase dunha figura mitolóxica do noroeste da península, especialmente en Galicia onde o coñecemos como Can de Urco, Can do Mar ou simplemente Urco ; inda que en Asturias tamén se lle coñece como Huerco. Adopta a forma dun enorme can de cor negro (aínda que en contadas ocasións tamén se presenta branco), con dous grandes cornos e largas orellas . Segundo a mitoloxía, s ae polas noites do mar arrastrando unhas cadeas e ouveando furiosamente. A súa presenza considérase de mal agoiro , moitas veces é o anuncio dunha morte próxima . Esta instalación é un mural feito sobre cartón que sirve á súa vez para tapar unha porta. Ten elementos volumétricos como unhas cadeas físicas que colgan das patas do animal, ou os cornos, feitos con alambre e papel. Dito mural está policromado con pinturas fosforescentes que reaccionan ante a luz negra, que tratan de simbolizar esas cores máxicas que se dan no mar polas noites: por efectos de certas algas e microorganismos, ou pola luz das est

11. O LOBISHOME

Imagen
  O LOBISHOME