O ESPANTALLO Nos campos galegos, especialmente durante a noite, aparece unha figura terrorífica coñecida como o Espantallo. Se lle describe como un ser alto e delgado, cuberto con trapos e cunha cabeza de cabaza ou cranio. O seu propósito é asustar aos transeúntes que se aventuran polos campos escuros, levándoos a extraviarse ou a caer en trampas mortais . Crese que o Espantallo está relacionado coa protección dos cultivos , pero súa figura sinistra o converte nunha figura temida polos veciños. Este proxecto é un elemento escultórico reciclado e adaptado para a exposición. Partindo dun esqueleto foise vestindo, colocando e decorando para lograr recrear ó Espantallo e conseguir aterrorizar ó visitante. Xunto co Diaño forman a Sala das Lendas, unha estancia na que a instalación levouse a cabo de forma plástica, con decoración física e pintura, ademais de deseñar a iluminación, un factor clave para a sensación do espectador.